O 8 de marzo na cidade de Manhattan en 1911 máis dun centenar de mulleres, que traballaban nunha empresa téxtil morreron mentres realizaban unha folga pedindo máis seguridade e mellores condicións de saúde no lugar de traballo e protestando polos baixos salarios.
Os donos da fábrica pecharon as portas para que as obreiras non puidesen comunicarse coas mulleres sindicalistas. O edificio ardeu convertido nunha trampa mortal.Nese momento a tea que tecían era violeta, polo que pasou a ser a cor do movemento de mulleres. Este feito axudou a sensibilizar ás mulleres que desde distintos países revindicaban os mesmos dereitos.
Ano tras ano, as mulleres de todo o mundo seguen revindicando novas condicións para a consecución dunha sociedade máis igualitaria e xusta
NOTA: A presente páxina tan só ten fines educativos